Xeira cede as súas publicacióis a Ediciones Trabe

Col obxetivo de garantizar a distribución y xestión das súas publicacióis, el asociación cultural Xeira, que nacéu 1989 col obxetivo de promover y fomentar a cultura del occidente d’Asturias,  decidíu ceder á empresa Ediciones Trabe el sou fondo editorial. Trátase de doce títulos, tres d’ellos d’investigación (Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, de José Antonio Fernández Vior; Vocabulario de Mántaras, de Xosé Miguel Suárez Fernández; y Literatura de tradición oral nos Coutos, de Fanny López Valledor), cuatro de prosa (Parzamiques, de Manuel García Galano; Cua lluz prendida, de María José Fraga; Lletras novas; y Máis lletras novas), ún xuvenil (Xunta de mitos, de Rafael Cascudo Noceda) y cuatro de poesía (Nas arribadas, de Xosé Miguel Suárez Fernández; Mourén nos fondales, de Fredo de Carbexe; Al son das zalanceiras, d’Alfredo Álvarez de Ponticella; y Os novos poemas, de Xaviel Vilareyo Villamil). D’outro título máis, Papadíos de Navia, d’Alejandro Antúñez, xa nun quedan exemplares. Ademáis d’estos llibros, tamén se cederon as esistencias del disco Versióis eonaviegas, de Dixebra. A partir d’agora, a xente interesada en adquirir dalgún d’estos títulos pode dirixirse á Ediciones Trabe se nun los atopa nas llibreirías:

-        Mourén dos fondales xunta fala y poesía, el miyor camín pa dicir os sous sentimentos fondos, pra deixarnos ver a señardá de neno, úa certa melancolía vital, a soledá del home ante el paso del tempo; un xeito de ver moura a vida: el torbón, a friaxe, el vento, a morte…, un paisaxe interior romántico. Peró salta dalgúa lluz d’esperanza, como el ameicer y el sol qu’ergue a xelada, anque nun allume muito tempo. De todos os xeitos, el llibro é úa búa proba das valías da fala del Navia-Eo, bite y con un porvir máis que certo. Fredo de Carbexe (Alfredo González Fernández, Carbexe-El Franco, 1967), xeógrafo d’oficio, poeta de vocación, é un rapaz que lluita al sou xeito por úa identidá; a súa mesma y a dos sous, qu’é el identidá da súa terra. Vén fendo pouco a pouco un diccionario da fala na qu’aprendéu a falar; sigue nesto el qu’outros empezaron condo as llinguas vernáculas anduveron en alza. Ten dellas publicacióis en castellano sobre cuestióis xeográficas, peró, fora del rigor da ciencia, esprésase muito miyor na súa fala, a fala del Navia-Eo. Porque é a fala dos sous padres, dos sous bolos, da fruxe, a fala da veiga fonda del Porcía. Escribindo nella ganóu en 1996 el V Premio Xeira de narracióis curtias. Agora ofrécenos un llibro de poesía.

-        Lletras novas. Axúntanse neste llibro os relatos qu’hasta agora llevaron el Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano. Este concurso lliterario, que botóu a andar en 1990, quixo festexar asina el sou décimo cabodano. Son once relatos –por darse un ano ex aequo a dous autores– escritos por homes y muyeres nacidos ou vinculaos familiarmente al occidente asturiano. Dellos einda nun publicaran miga y tán empezando; outros xa cuntan con dalgún llibro neste panorama editorial en gallego-asturiano que vai medrando pouquín a pouco. A todos os autores los xunta a inquietú por tentar de fer lliteratura núa llingua ben viva qu’empeza agora a ser reivindicada y que pide el sou sito dentro da pluralidá llingüística d’Asturias. Manuel García-Galano (A Roda-Tapia, 1922), José Manuel Martínez Castro (Xixón, 1962), Alejandro Antúñez Vázquez (Navia, 1933), Fredo de Carbexe (Carbexe-El Franco, 1967), Rafael Cascudo Noceda (Tapia, 1952), Emma Méndez García (Cartavio-Cuaña, 1973), Xaviel Vilareyo (Mieres, 1967), Jacinto Díaz López (A Roda-Tapia, 1908) y María José Fraga Suárez (El Franco, 1964). Al cabo, once premiaos núa llista que de seguro vai ser muito máis llarga nos anos qu’han a vir.

-        Cua lluz prendida. Como a lluz qu’aparece y desaparece de forma intermitente dende as balizas dos faros, as voces narrativas dos relatos de M.ª José Fraga van iluminando parcialmente os acontecementos y as palabras, os pequenos esquinos da vida fragmentada na construcción d’universos lliterarios. A pulsión esperimental que goberna os sous relatos, a esactitú léxica que desplega na creación de personaxes poliédricos y a multiplicidá de puntos de vista narrativos espárcense núa temporalidá esfarellada y, ás veces, volta del rovés, qu’invita al que lle a recorrer a espiral das súas narracióis por camíos que, de sutaque, se van allumando. El contraste entre el tempo esterior das accióis y el tempo interior dos personaxes espéyase nel entramao de cada historia, mentres que se vai texendo cuidadosamente úa rede de sentidos qu’ha a ser completada por un receptor activo y inmerso nel xogo narrativo. A esperanza depositada nos recordos, a cruda reflesión en torno al paso del tempo, a frustración ante lo inesplicable y absurdo, a morte y incluso el desamor a través d’un asunto tan actual como a inmigración son algús dos temas que simbolizan a incansable búsqueda da lluz que se prende nel corazón de cada úa das súas historias. Profesora de llingua y lliteratura castellana, pra M.ª José Fraga (El Franco, 1964) a fala é el instrumento natural d’espresión na súa creación lliteraria, úa manifestación artística que nun esqueice nunca el compromiso col cuidao y conservación da riqueza cultural da nosa terra.

-         Máis lletras novas axunta todos os relatos que ganaron el Premio Xeira de narracióis curtias en gallego-asturiano dende el ano 2000 al 2010. Vén ser úa continuación del volume titulao Lletras novas que Xeira publicóu hai dez anos cos primeiros ganadores del certame lliterario. Os dez relatos qu’amañan Máis lletras novas supóin un resume d’estos últimos anos da lliteratura en gallego-asturiano: caras novas, xente qu’empeza y dalgús nomes que van publicando pouco a pouco en llibro. Juan José Maseda García (San Esteba-Cuaña, 1977), Alba González Fernández (Valdepares-El Franco, 1985) -que ganóu dúas veces, a primeira con 16 anos-, Aurora García Rivas (A Antigua-San Tiso d’Abres, 1948), Ágata García Castro (Piñeira-Castripol, 1977), Ricardo Saavedra Fernández-Combarro (Uvieo, 1977), Aurora Bermúdez Nava (A Caridá-El Franco, 1965), Marisa López Diz (Xixón, 1970), Iván Iglesias Fernández Cazarón (Valdepares-El Franco, 1980) y Miguel Rodríguez Monteavaro (Bual, 1990) son os autores que vein a sumarse á historia del premio máis veterano da nosa lliteratura.

-        Al son das zalandeiras. Alfredo C. Álvarez de Ponticella (Ponticella-Villayón, 1948), estudioso namorao das dúas llinguas autóctonas d’Asturias -ten feito escola dando clases d’aturiano pol centro d’Asturias y de gallego-asturiano por Bual, Eilao y Grandas-, foi pioneiro nel uso da nosa fala na prosa ensayística col sou artículo Yosufos y lleitos nel folklor de Villayón, publicao en 1985 na revista Lletres asturianes. Nin a llingua, nin el folclore, nin a hestoria del occidente ye resultan ayías: ei ta el sou llibro La cayuela visigótica de Carrio (1994). Ese interés pola cultura popular déixase ver na súa actividá como investigador y como maestro, peró tamén nel sou llabor poético. Muitos xa conocían a súa poesía gracias a dalgúas revistas locales y, nun hai muito, pudemos gustar de dalgús dos sous poemas na revista Lliteratura. Agora, nos versos d’Al son das zalanceiras, quenquera pode chumbar nel augua fría dos saltos d’augua unde bulliga a vida y a hestoria milenaria das terras del Navia. É a voz d’un home que conoz camíos y carreiros del occidente, que se sinte parte da súa terra y da súa xente, y qu’einda sigue regallando os oyos cua guapura dos montes, dos regueiros y da fala. Por eso a poesía qu’arrecha d’estas zalanceiras é intensa, mesta y chía de vida.

-        Xunta de mitos. Rafael Cascudo Noceda (El Viso-Tapia, 1952) foi el maestro col que botóu a andar a esperiencia da introducción del gallego-asturiano como asignatura na escola de Tapia. Peró el esmolemento pola cuestión da fala y os nenos xa ye vén d’atrás, como ben amostra el llibro infantil, escrito d’emparzao con outros maestros del llugar, Xelín y Toxo (1995), que foi a primeira publicación d’estas características que se fixo na nosa fala. Os mitos asturianos, cansaos de que naide s’acorde d’ellos, deciden axuntarse na praya da Ribeiría de Tapia pra mirar de buscarye amaño á situación. Xunta de mitos, relato ganador del IX Premio «Xeira» de narracióis curtias, cunta todo el que pasóu ese día y cómo un neno acabóu meténdose allí, entre nubreiros, trasnos y encantadas. Pra quen quira saber el que pasóu despóis… recomendámosye que vole nel llibro, que ten ademáis úas illustracióis a todo color de Berto Peña.

-        Parzamiques. Manuel García-Galano (A Roda, 1922) ten feito ben llabor nel noso teatro popular, tanto de director como d’autor. El obra teatral escrita por él hasta hoi axúntase en dous llibros, Mariaxes tapiegos (1993) y Erguendo el telón (2000). Tamén del sou trabayo lexicográfico da búa conta el llibro, escrito d’emparzao con Jacinto Díaz López, Vocabulario da Roda (1994, 2ª edic.). D’esta volta, ha ser el sou xeito como narrador del qu’imos poder disfrutar nestos relatos curtios qu’el autor axunta debaxo del título de Parzamiques. Nellos, os tempos d’antano danse a mao cos d’hoi núa mestura chía de señardá y sensibilidá y sempre caltrida da gracia popular qu’el Galano tan ben manexa.

-        Nas arribadas. Bon conocedor da realidá del Navia-Eo, Xosé Miguel Suárez Fernández mantén úa particular relación cuas palabras que sistemáticamente se dedica a recoyer y del que son resultao dalgúas publicacióis sobre léxico, toponimia, lliteratura ou etnografía. Recoyer as palabras, mais non pra pechallas nas foyas d’un llibro, senón pra deixar patente el sou uso. Escribillas, dicillas, redescubrillas ás veces, y daryes el altura lliteraria que precisan, é parte del ver col que Xosé Miguel Suárez Fernández (Mántaras, 1965) s’encara cua nosa realidá sociollingüística. A relación cuas palabras nun queda namáis en recoyer, estremar ou clasificar. As palabras da terra nun son neutras: espresan sintires, propios y colectivos. Y agora Xosé Miguel Suárez daye a volta al proceso: coye os sentimentos, múdalos en palabras postas nun papel branco y é a terraquen fala. Y haberá homes y muyeres que reconozan nesa voz as súas voces. Bidureiras d’inverno (1990) é a súa obra poética primeiriza que siguíu con outros poemas estragayaos en dalgúas revistas. Este llibro, Nas arribadas, recoye as súas últimas poesías.

-        Literatura de tradición oral nos Coutos (Ibias). Fanny López Valledor, nacida en París nel ano 1973 peró vinculada familiarmente al estremo occidental del conceyo d’Ibias, vive en Xixón dende qu’era nena. Llicenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidá d’Uviéu y Especialista en Filoloxía Asturiana, enguano centra el sou interés na lliteratura de tradición oral. Mánaye dende que asistíu a úa conferencia memorable qu’el profesor Maxime Chevalier impartíu na Facultá de Filoloxía d’Uviéu nel ano 1997. Neste llibro, López Valledor recompila un bon conxunto de contos y outras manifestacióis populares recoyidas directamente da voz da xente d’aquella parroquia. Un bon reflexo, al cabo, da llingua y da cultura tradicionales d’un requeixo d’esa Asturias occidental da que tanto nos queda por saber.

-        Os novos poemas. Xaviel Vilareyo (Mieres, 1967), fiyo d’un bualés de Sarandías y d’úa franquía da Braña, fai lliteratura en asturiano, a súa llingua de pación, y en gallego-asturiano, a súa llingua de nación. É llicenciao en Dereto peró deixóu el abogacía pra dedicarse al enseño y actualmente trabaya como profesor d’Instituto. Ten nel soui haber abondos premios en narrativa y poesía tanto en asturiano como en gallego-asturiano. Na segunda das llinguas, y en narrativa, recordamos el VII Premio Xeira de narracióis curtias; en poesía, el XXVI Certame de Poesía Vila de Sarria (Lugo), que ganóu col poemario Os novos poemas. Ten publicao en abondas revistas lliterarias así como dalgús ensayos en revistas d’investigación (El Derechu civil asturianu, A necesidá d’un estándar pal galaicoasturiano, La propiedá xermánica n’Asturies). Atópase nas antoloxías Muestra de nueva poesía y Cinco años de lliteratura asturiana. Como narrador na nosa fala ten publicao el conto Os perfumes d’ausencia, ademáis del relato premiao por Xeira, Na marxe dos carreiros, éste nel volume colectivo Lletras Novas. Xa publicóu dous llibros de poesía en asturiano, Cróniques del recuerdu (1997) y Más que probable (1998) y, anque xa publicara dalgúa poesía en gallego-asturiano, é agora condo se dá a conocer dafeito como poeta na súa fala materna.

-        Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga. José Antonio Fernández Vior (A Veiga, 1952), catedrático de Llingua y Lliteratura Españolas nel Instituto Xovellanos de Xixón dende hai xa dellos cursos, doctoróuse en novembre de 1996 na Universidá d’Uviéu con úa tesis qu’estudiaba a fala da Veiga y el sou conceyo. Era el resultao de ben d’anos recoyendo material oral y falando con xente veya de todos os sitos del conceyo. El estudio da fala y el léxico, publicaos entrambos y dous aspectos nos llibros El habla de Vegadeo (A Veiga y su concejo) (1997) y Vocabulario da Veiga (1998), completábase na tesis con úas notas etnolingüísticas sobre A Veiga que son as qu’agora amañan este volume. El ser humano, as súas edificacióis, as súas ferramentas, a llabranza, a pesca, el ferro, a madera, os nomes cos que se describe el tempo, os animales, a comida, as festas… todo cuntao dende A Veiga y con un arte y úa precisión que namáis dan os anos de trabayo y dedicación qu’el autor lleva ás costas.

-        Vocabulario de Mántaras (Tapia). De Xosé Miguel Suárez Fernández, del que damos máis referencias nel llibro de poesía Nas Arribadas publicao tamén por Xeira, xa era el obra Vocabulariu de Mántaras con dalgunos refranes o “ditames” (1991). Esta edición, correxida y muito máis ampliada, chega a os máis de 5.000 vocablos con ben d’espresióis y frases feitas en cada entrada léxica. Améceseye tamén a novedá de taren as definicióis en gallego-asturiano. Na introducción faise úa descripción das trazas máis características da fala de Mántaras y nel acabo bríndase un llistao d’us centos de refráis recoyidos neste llugar da marina tapiega. É úa búa ferramenta de trabayo pra quen quira achegarse al léxico del gallego-asturiano tendo en conta non solo el sou volume, senón tamén a situación xeográfica del llugar, nel medio da zona llingüística que se vén usando como modelo pola cuase totalidá d’escritores na nosa fala.

D’este xeito, Ediciones Trabe convírtese con diferencia na primeira editorial en conto a fondos en gallego-asturiano, con un total de 29 títulos dispoñibles, tanto en prosa como en poesía, ademáis d’infantil y ensayo.

(9 de Diciembre 2014)

Otros artículos en esta sección...

Compartir

Sobre el autor

Red de Bibliotecas Públicas del Pdo. de Asturias